Blogia
Yo tengo la razón, los demás están equivocados

Yo salvaré tu alma! Oye morena, si t quedas conmigo esta noche bailaremosss

Efectivamente. ¡Que velocidade leva o tempo! Desde que non escribo no blog, que por certo tentaba telo o máis actualizado posíbel, pasaron miles de cousas. Veu o Pai Natal, viñeron os únicos monárquicos aos que lle teño un pouco de aprecio (uséase, the Three Wise Men)deixáronme moitas cousas bonitiñas e no fío do último artigo que escribín seguimos a manifestarnos no noso tenaz intento de que nos den o que nos tiñan prometido, é dicir, os 660 créditos que nos corresponden en 5º de Tradución. Ademais diso agarrei unha catarreira que levo arrastrando desde o día antes de fin de ano e que alcanzou o se punto álxido esta semana cando se converteu en gripe desa que está por aí espallada en forma de epidemia. Tomai moita vitamina C para evitala, porque é matadora. Así que esta semana estabamos podres de todo Buttercup ou La princesa frikitilla XDDDD e máis eu. Ademais de empezar a nosa semana con respectivos 3 nos writings de inglés. pero tranquilos, son recuperábeis.
Así que as miñas festas do Nadal foron moi boas, como todas, e ademais estar en período vacacional sempre é moi bo. Como eventos destacábeis do Nadal podería nomear o estupendo fin de ano co meu Pablo (co que por certo, queda, exactamente, unha hora e 16 minutos para facer un aniño xuntos XDDDDDDDDDDD), o día da Cabalgata de Reis, que foi divertidísima e tamén a noite, as pelis tan estupedas que vin e o concerto do día 29 de Juan Rivas, o meu admirado ex veciño do que son supporter(moral) number one. Por iso o tituliño de hoxe e máis a foto van adicadas a el porque é un rapaz estupendo. o concerto foi na Inguana e eu paseino en grande coa Cololina. Cantamos, canturreamos, bailamos e rimos, sobre todo rimos que é o importante.(vou meter a pizza no forno)
Ademais diso vin Naruto, un avance importante de capítulos; ben, iso tamén foi estes días mentres estaba doente e non era quen de facer nada. Un día, antes da fin do ano fun ca Dreia-chan (eu agora son Na-chan) alí onde reside o pecado: Norma cómics. Acabamos mercando as dúas un chaveiro de Kakashi, porque, a verdade, non é prota, pero a nós, vannos os secundarios carismáticos. Uns días despois, non o puiden resistir e fun a mercar o de Sasuke, porque e o meu outro favorito. Aínda que agora ten a cousa algo difícil, porque apareceu Shikamaru, que é estupendo (mmmmm, que problemático)e vai ser o agasallo atrasado que me vai dar meu irmán polos Reis.Esto homiños tan simpáticos tamén me deixaron:un baúl, un libriño de Calvin&Hobbes bilingüe, unha t-shirt de cuisilver (XDDDD), tres cedés, cartiños. O do natal, deixoume unha mochila para oboe e corno inglés todo xunto o dvd+cd de Carlos Núñez, perfume en crema e algo máis q non recordo.
Así que esta é a miña volta á realidade literaria, ou sexa a escribir no blog. Informarei con pormenores, jeje ;)

1 comentario

Buttercup -

OMG, has acutalizado! XDDD
Yo creo que si acaba cayendo algún otro llaverito será el de Neji, porque cada día me cae mejor... y porque un tercer llavero de Kakashi sería exagerado XDDD